martes, 23 de diciembre de 2008

O equipo alevín feminino da EAD gaña o Campionato Zonal Escolar de Campo a través


De esquerda a dereita: Ángela Vilar (desculpa por cortarte, a présa do momento), Mónica Pérez, Manuela Pereira, Alba Rodríguez, Beatriz Rodríguez, María Vila, Tamara Seijas, Tamara Pazos e Noemí Jácome.
O pasado xoves día 18 de decembro, celebrouse o Campionato Zonal Escolar de Campo a través. A Escola de Atletismo Deza, acudiu a Silleda con 25 atletas das diferentes categorías.
Destacou o equipo de Alevín Feminino, que se proclamou campión da competición. Anabel Viana, de Infantil Feminino, chegou terceira. Daniel Iglesias, de Infantil Masculino, acadou o primeiro posto.
Nas imaxes, non aparecen todos os atletas participantes, porque non sempre é posible collelos cando van correndo. Todos amosaron moito entusiasmo durante a competición. Noraboa!!! Agora toca descansar uns días. Boas Festas e Feliz 2009!


Daniel iglesias, primeiro en Infantil Masculino.


Anabel Viana, terceira en Infantil Feminino.

As tres primeiras atletas de Alevín Feminino:

Moemí Jácome, primeira. Tamara seijas, segunda. Tamara Pazos, terceira.


Diego Viana


Javier García


Daniel Iglesias


Ángel Viana


Lucas Enríquez


Carlos Peña


María Vila


Mónica Pérez


Mónica Pérez e Beatriz Rodríguez


Noemí Jácome e Tamara Seijas


Mario Vilar

martes, 16 de diciembre de 2008

Tamara Pazos gaña en San Cibrao - Ourense

Teresa Seoane nunha carreira anterior

Este domingo, cunhas duras condicións climatolóxicas,
celebrouse na localidade de San Cibrao (Ourense) a "VII Carreira do Nadal".

Proba ésta a que se desplazaron varios atletas da Escola Atletismo
Deza
e na que o resultado mais destacado foi o protagonizado pola corredora
alevín Tamara Pazos que foi 1ª na sua categoría tras percorrer una distancia
de 3.000m.
Non foi a única atleta da escola en subir o podium, así mesmo na categoría
alevín Lucas Enríquez quedou 3º, o mesmo posto foi logrado por
Mario Vilar na categoría dos mais pequeños e sobre unha distancia de
500m. Destacado tamén o 4º posto de Beatriz Rodríguez na mesma
categoría de alevín femenino.

Xa en senior os mellores resultados foron obtidos por
Antonio Costa e Manuel Rodríguez "Cavanillas".

Tamara Pazos gaña en San Cibrao das Viñas


Teresa Seoane nunha carreira anterior.


viernes, 28 de noviembre de 2008

Luisa Lalín empeza forte no Corre con Nós 2008-2009



O pasado domingo día 23 de novembro se disputou na cidade de Lugo a primeira xornada do circuito de atletismo Corre con Nós, nesta primeira proba con saída nas pistas de atletismo do Gregorio Pérez Rivera e sobre a distancia de 5.000 metros chegaron a meta uns 769 deportistas de toda Galicia. Por parte da Escola de Atletismo Deza se desplazaron un total de nove atletas, sendo os postos mais destacados o de Luisa Lalín 1ª , Verónica Mon 4ª, Antonio Riera 4º, Teresa Seoane 6ª e Manuel Cavanillas 10º todos eles nas súas respectivas categorías.

Carlos Peña del Río finalizou segundo na Carreira de Santiago

A Escola de Atletismo Deza participou o día 15 de novembro na primeira edición do trofeo de campo a través Concello de Santiago e obtuvo bos resultados. Carlos Peña del Río finalizou segundo na categoría de alevín masculino, tras percorrer 1,9 km. Daniel Iglesias acadou o terceiro podio en infantil masculino, sobre 2,9 km. O equipo alevín feminino finalizou segundo na modalidade de equipos con Noemí Jácome (cuarta na clasificación xeral); Tamara Pazos, sétima; Tamara Seijas, oitava e Mónica Penas, undécima. Na categoría de cadetes, Alba Viana chegou quinta e Javier García oitavo.
Outra das actuacións destacadas nesta carreira foi a do alevín Lucas Enríquez que acadou o quinto posto na súa proba.











miércoles, 19 de noviembre de 2008

Luisa Lalín, 6ª na San Martiño de Ourense






O pasado domingo día 16 disputouse en Ourense a Carreira Popular do San Martiño sobre la distancia homologada de 10.000 metros e que conseguiron rematar un total de 2.940 corredores. Por parte da Escola de Atletismo Deza e como resultado mais destacado cabe reseñar o 6 posto na súa categoría de Luisa Lalín. Tamén participaron na cita ourensá Antonio Costa, Manuel Cavanillas, Alfonso Rubial, Verónica Mon, Teresa Seoane e Fernando Rodríguez.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Félix se fue a correr el Maratón de Atenas

El atleta dezano Félix de Castro consiguió finalizar el maratón de Atenas en su primera participación

El atleta de la Escola de Atletismo Deza Félix de Castro consiguió finalizar con éxito su primera participación en el maratón de Atenas. La clásica competición griega, con 42.195 metros de distancia entre las ciudades de Maratón y Atenas, resulta muy exigente para los participantes, puesto que además de la larga distancia a recorrer, cuenta con un trazado marcado por el desnivel. El corredor dezano empleó 4 horas y 16 minutos en finalizar la prueba, ganada por el atleta keniano Nicholas Paul Lekuraa.

miércoles, 22 de octubre de 2008

Galería de Fotos - Bertamiráns 2008




















Aquí vemos en pleno esforzo a algúns dos nosos campeóns.


Outros non saíron porque iban tan rápido que a cámara non foi quen de sacalos.











lunes, 20 de octubre de 2008

Gran participación do Club-Escola de Atletismo Deza na Carreira poppular de Bertamiráns


O pasado domingo día 19 celebrouse a Carreira popular de Ames, á que acudiron a maioría dos integrantes da Escola de Atletismo Deza, desprazáronse ata Bertamiráns 30 alumnos das distintas categorías. Nesta maratón popular participaron atletas de toda Galicia. As distancias a percorrer ían desde os 200 m ata os 7.500 m.

A EAD obtuvo moi bos resultados:

Mario Vilar acadou o primeiro posto sobre a distancia de 200 m en Prebenxamín, Daniel Iglesias segundo sobre 2.500 m en Infantil, Alba Viana terceira sobre 2.500 m como Cadete. Destacando, asimesmo, as posicións de Pedro Toimil en quinto lugar sobre 500 m como Benxamín, Lucía Castro sétima e Marta Gil oitava sobre 2.500 como Cadetes.

A EAD comeza así esta nova tempada con máis alumnos inscritos e con moito entusiasmo.