miércoles, 30 de abril de 2008

Próxima competición en pista

Un total de 30 atletas desprazará este sábado o Club-Escola Atletismo Deza á localidade de Pontevedra para participar na 2ª xornada clasificatoria para a final provincial que terá lugar a mediados de Maio. Os infantís competirán en xornada matinal, mentres que pola tarde farano benxamíns e alevíns. O conxunto de probas nas que van tomar parte é moi variado: desde carreiras de velocidade, medio fondo e fondo, saltos de lonxitude e altura, e lanzamentos de peso e xavelina.
Ánimo a todos os participantes!

martes, 29 de abril de 2008

Maratón Popular de Madrid

O pasado domingo día 27 disputouse en Madrid a 31 edición do Maratón Popular de Madrid sobre a distancia de 42.195 metros. A proba foi gañada polo madrileño Chema Martínez que se impuxo á lexión de africanos coa que se tivo que enfrentar. As condicións metereolóxicas foron moi duras por causa da intensa calor.
Ata alí chegou tamén o atleta da Escola de Atletismo Deza, Félix De Castro; iba coa intención de baixar de 4 horas e obxectivo cumplido: 3 horas 57 minutos 59 segundos. O paso pola Media Maratón fíxoo en 1 h. 56 minutos 48 segundos. Acadou nun meritorio posto 864 na súa categoría, mentres que os atletas que conseguiron rematar a durísima proba foi de 7.739 atletas.
Noraboa, Félix!!!

lunes, 28 de abril de 2008

Ruta de sendeirismo por Zobra


O domingo día 20, un grupo de rapaces/as da EAD acompañados das súas familias e algúns amigos, fomos de excursión á parroquia de Zobra(Lalín), onde nace o río Deza (na serra do Testeiro). Partindo de aquí, relizamos unha ruta de sendeirismo duns 11 kilómetros. Pasamos polos lugares de Porto Martín, Cabana e A Trigueira. A pesar de que as condicións metereolóxicas dese día non eran moi favorables pola chuvia e o vento, todos desfrutamos da xornada e da beleza paisaxística da zona. Camiñamos polas ribeiras do río Deza e puidemos observar de cerca as marabillosas fervenzas. Ao finalizar a ruta, reunímonos en Vilatuxe para xantar e rematar a xornada de convivencia. Aquel día, en parte por motivos técnicos e en parte polo mal tempo, non puidemos sacar fotos. As imaxes que vos amosamos aquí foron tomadas o domingo 27, cun sol espléndido.







miércoles, 23 de abril de 2008

I xornada clasificatoria de competición en pista

O equipo do Club-Escola Atletismo Deza desprazouse ao Estadio de Balaídos en Vigo os días 12 e19 deste mes para participar na I xornada da fase de clasificación para o Campionato Provincial en pista, nas súas diferentes categorías.
Resumo da clasificación nas distintas probas:

BENXAMÍN FEMININO
Ánxela Vilar González, segunda en lanzamento de peso e sétima en marcha.
Sara Vidal Rodríguez, quinta en peso.
Manuela Pereira Enríquez, quinta en 60 metros lisos.
Mónica Pérez Barros, sétima en 60 metros lisos.
Tamara Pazos Astrar, décima en 1.000 metros lisos e oitava en salto de lonxitude.

BENXAMÍN MASCULINO
Tomás Viana Fernández, terceiro en marcha.
Andrés Peña del Río, quinto en 2.000 metro lisos.
Carlos Peña del Río, oitavo en lanzamento de peso.

ALEVÍN FEMININO
Noemí Jácome Froiz, cuarta en 1.000 metros lisos.
Anabel Viana Fernández, quinta en lanzamento de peso.

ALEVÍN MASCULINO
Brais Soto Telmo, cuarto en salto de lonxitude.
Iago Pazos Astrar, quinto en salto de altura.
Diego Viana Soto, oitavo en salto de altura.

INFANTIL FEMININO
Noelia Fontao Silva, terceira en 80 metros vallas.
Lucía Castro Gracía, quinta en lanzamento de disco.
Alba Viana Soto, sexta en 500 metro lisos.
Lucía López Lima, oitava en lanzamento de disco.

INFANTIL MASCULINO
Javier García Docampo, cuarto en 80 metros lisos e oitavo en salto de lonxitude.

Cos resultados acadados e á espera da II xornada, varios membros do equipo teñen moitas posibilidades de clasificarse para o Campionato Provincial.
Moito ánimo a todo o equipo!

















lunes, 14 de abril de 2008

Bos resultados da Escola de Atletismo Deza en Lugo


O pasado domingo 13 de abril celebrouse en Lugo a quinta carreira do VIII Circuito de Carreiras Populares Corre con Nós, proba disputada no entorno do Paseo do Rato e sobre a distancia de 6.000 metros.

Cunha participación na carreira absoluta de 551 atletas, oito atletas do Club-Escola Atletismo Deza tomaron a saída.

Destacaron a nivel individual tres terceiros postos nas súas respectivas categorías, Teresa Seoane en sénior, e Luisa Lalín e Antonio Riera tamén nas súas categorías de veteráns. Manuel Cabanillas terminou na súa categoría.

Ata o de agora e a falta de computar esta carreira e dúas máis que quedan, as clasificacións manteñen como 2ª clasificada na súa categoría a Luisa Lalín, 4º Manuel Cabanillas, 5º posto para Teresa Seoane, Antonio Riera 10º lugar, Fernando Rodríguez 13º e Alfonso Rubial 23º.

En canto á clasificación por equipos o Club-Escola Atletismo Deza mantense na 8ª plaza sobre un total de 13 equipos de toda Galicia.

domingo, 13 de abril de 2008

Media Maratón Vigo-Baiona


O pasado domingo 6 de abril, un equipo de oito atletas do Club-Escola Atletismo Deza, desprazouse a Vigo para participar na IX Edición da Media Maratón Vigo-Baiona.

Un total de 2.395 atletas conseguiron terminar os 21 kilómetros que separan Vigo de Baiona. A nivel individual destacou o 6º posto na súa categoría de Luisa Lalín e o 30º de Teresa Seoane en categoría feminina. Debutaban nesta distancia David García, Alfonso Rubial, Rodrigo e Luisa Lalín, que cumpriron cos seus obxectivos. O primeiro atleta do club en cruzar a liña de meta foi Fernando Rodríguez seguido de Manuel Cavanillas e Félix de Castro.

O que finalmente non puido competir foi Antonio Costa que continúa lesionado e Antonio Riera preparando a súa participación no Campeonato Galego de Media Maratón a disputar no mes de maio en Vilagarcía.

Hoxe, día 13, novo compromiso para os sénior do club dezano no circuito de carreiras populares Corre con nós que se disputou en Lugo sobre a distancia de 6 Km.

miércoles, 2 de abril de 2008

Correndo por Ordes


Aquí vos deixamos unhas imaxes dalgúns/as dos nosos atletas durante a maratón do pasado domingo. Sentimos non poder amosarvos unha de cada un, pero non sempre é fácil captalos en movemento. Ademais, como aínda somos "novatos" neste labor, cóstanos un pouco; prometemos intentar aprender e ir mellorando este blog.

Todos os corredores/as esforzáronse moito, pois o percorrido era duro. "Demasiadas costas...", dicían todos cando chegaban á meta. Un aplauso!!!

(Xa sabedes que se "picades" encima das fotos, amplíanse).

1-María Blanco. 2-María Vila e Ánxela. 3-Manuela, Mónica e Pedro. 4-Noemí e Andrés.
5-Iago. 6-Diego. 7- Javier. 8- Alba.