viernes, 5 de junio de 2009

Próxima camiñata

Este domingo, faremos unha camiñata por Goiás para todos os rapaces e acompañantes que queiran acudir. Sairemos ás 9:30 da Estación de autobuses.
Ao remate da andaina, teremos a comida de fin de tempada. E despois, faremos entrega dos trofeos a aqueles rapaces da escola que ao longo do ano destacaron como mellores atletas, mellor comportamento e mellor compañeirismo.
Tamén faremos, de forma simbólica, o cambio de xunta directiva; pois como ben sabedes, a partir do mes de setembro, son outra as persoas que collen a dirección deste clube. Queremos aproveitar para dar as GRAZAS a todos aqueles que ao longo destes anos estivestes ao noso lado para, coa desculpa do atletismo, formar unha GRAN FAMILIA.
Por outra parte, estamos comezando a preparar a Concentración pre-tempada do mes de setembro. Os que esteades interesados podedes comunicalo para ir facendo a reserva. As datas da excursión serán do 4 ao 6 dese mes.
Collede chuvasqueiro e paraugas, por se fixesen falta...

martes, 2 de junio de 2009

Daniel Iglesias gaña o ouro no Tetratlón do Campionato Galego

A Escola de Atletismo Deza competiu no Campionato Galego de atletismo en pista, que se celebrou o pasado domingo, día 31, en Lugo. Acudiron a estas probas os tres atletas da categoría Infantil, que se clasificaran na fase provincial. Tendo en conta a gran participación de atletas de toda Galicia, nas difetrentes categorías, podemos considerar de moi meritorios os resultados acadados polos membros do noso clube:

Destacamos o primeiro posto e medalla de ouro logrados por Daniel Iglesias, na proba de Tetratlón.
En Infantil Feminino, Anabel Viana, acadou o 9º posto en 3 km marcha.

Asimesmo, Javier García, que competiu en distintas probas, tamén acadou moi bos resultados: clasificouse en 5º lugar en 80 m valos e conseguiu o 10º posto en 80 m lisos e en salto de lonxitude.


A todos eles, Noraboa!!!

Irene, a adestradora do noso clube, cos campións: Anabel, Javi e Dani. Xuntos, toman un descansiño despois do gran esforzo realizado na competición, ben o merecen! Os catro amosan alegría e satisfacción.