miércoles, 22 de octubre de 2008

Galería de Fotos - Bertamiráns 2008




















Aquí vemos en pleno esforzo a algúns dos nosos campeóns.


Outros non saíron porque iban tan rápido que a cámara non foi quen de sacalos.











lunes, 20 de octubre de 2008

Gran participación do Club-Escola de Atletismo Deza na Carreira poppular de Bertamiráns


O pasado domingo día 19 celebrouse a Carreira popular de Ames, á que acudiron a maioría dos integrantes da Escola de Atletismo Deza, desprazáronse ata Bertamiráns 30 alumnos das distintas categorías. Nesta maratón popular participaron atletas de toda Galicia. As distancias a percorrer ían desde os 200 m ata os 7.500 m.

A EAD obtuvo moi bos resultados:

Mario Vilar acadou o primeiro posto sobre a distancia de 200 m en Prebenxamín, Daniel Iglesias segundo sobre 2.500 m en Infantil, Alba Viana terceira sobre 2.500 m como Cadete. Destacando, asimesmo, as posicións de Pedro Toimil en quinto lugar sobre 500 m como Benxamín, Lucía Castro sétima e Marta Gil oitava sobre 2.500 como Cadetes.

A EAD comeza así esta nova tempada con máis alumnos inscritos e con moito entusiasmo.