miércoles, 21 de enero de 2009


A sección femenina da Escola de Atletismo Deza dase a ver en Lugo.

Verónica Mon comenza a destacar no Corre con Nós, terceira clasificada na absoluta de mulleres fixo un tempo de 16 minutos 15 segundos nos 4.000 metros, só superada por Patricia García e Noemí Moral.

Luisa Lalín fixo tamén unha gran carreira indo de menos a mais e rematando 1ª na súa categoría, afianzando o seu primeiro posto no Circuito de Carreiras Populares Corre con Nós que vai pola súa segunda xornada.

Outros resultados dos membros da Escola foron Antonio Riera 7º, Vanesa Webber 8ª, Teresa Seoane 9ª, Manuel "Cavanillas" 10º, Antonio Costa 22º, Alfonso Rubial 27º, Fernando Rodríguez 28º e David García 48º todos nas súas respetivas categorías e sobre un total de 726 corredores de toda Galicia.

jueves, 15 de enero de 2009

10 Kilómetros de Xinzo de Limia








Luisa Lalín primeira nos 10 Kilómetros de Xinzo de Limia.

Luisa Lalín sigue demostrando o seu espléndido estado de forma despois de quedar segunda detrás da portuguesa Manuela Machado, ex-olímpica, ex-campeona do mundo de maratón, ganadora entre otros do Maratón de Helsinki 94, Goteborg 95, Budapest 98, e un largo etcétera que convirten a veterana atleta portuguesa nunha das mais laudeadas do atletismo internacional.
Sin embargo Luisa recibíu o trofeo de 1ª clasificada da súa categoría o levar a portuguesa o trofeo da clasificación xeral de mulleres.
Outros resultados destacados dos atletas da Escola de Atletismo Deza foron Antonio Riera 6º, Teresa Seoane 9ª e Manuel Cavanillas 14º.

Noutro orde de cousas varios atletas da Escola aproveitaron a ocasión para manifestar a súa repulsa polo desastre humanitario e o xenocidio que se está a cometer na franxa de Gaza a mans do exército Israelí. Repartíronse lazos negros a modo de luto pola xente que está a morrer e desplegouse unha gran pancarta en repulsa por tales asesinatos coa vergoñenta complicidade das Nacións Unidas.