lunes, 15 de septiembre de 2008

VIII Carreira Popular Virxe das Dores

Memorial Vicente Agulló.

Sábado, 27 de setembro de 2008

Horarios: 17:00 de 2 a 15 anos.
18:30 resto de categorías.

21 Categorías. Dende 2 anos en adiante. Categoría de Canicross

Percorridos. 100 m., 350 m., 700 m., 1 Km., 2 Km., e 7,5 Km. –
Canicross 4 Km.

Trofeos. Trofeos os 3 primeiros de cada categoría.
Trofeo os mellores atletas locais.
Trofeo o atleta de mais idade tanto masculino coma femenino.
Trofeos e saco de pienso os tres primeiros na categoría de Canicrooss.


Obsequios. Camisetas para os primeiros 400 participantes que rematen a
proba.
Ata 13 anos medallas para todos.


Inscricións: No Pavillón Municipal dos Deportes de Lalín, no Teléfono 986.78.34.26, ou en http://www.cronotec.es/.

Datos para a inscrición: Nome e apelidos, sexo, data nacemento, clube (se o ten) e localidade

Data de inscripción: Dende o día 8 o 25 de setembro as 20:00 horas.

REGULAMENTO XERAL

1º A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a proba e na chegada a línea de meta.

2º O dorsal recollerase o día da carreira popular na zona de saída ata 1 hora antes da saída de cada proba.

3º A carreira para as cateorías dende 2 a 15 anos comenzará as 17:00 Horas. Para as restantes categorías comenzará as 18:30 Horas.

4º O longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos, os cales poden descalificar os participantes que cometan algunha irregularidade.

5º Será motivo de descalificación calqueira infracción grave estimada pola organización da proba, sendo a decisión inapelable dado o carácter deportivo da proba.

6º A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes destas carreiras, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios.

7º Dado o carácter eminentemente popular, festivo e deportivo desta proba, a Organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.

8º O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.


CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORA DE SAÍDA:

CATEGORÍA, ANO NACEMENTO,DISTANCIA,HORA SAÍDA
Pitufos, 05-06 100 M. 17:00
Prebenxamíns 02-03-04 350 M. 17:00
Benxamíns 99-00-01 700 M. 17:00
Alevín 97-98 1000 M. 17:00
Infantil 95-96 2000 M. 17:00
Cadete 93-94 2000 M. 17:00
Xuvenil 91-92 7500 M. 18:30
Senior A 79-90 7500 M. 18:30
Senior B 68-78 7500 M. 18:30
Veterano A Mas57-67 7500 M 18:30
Veterano B Mas56 e antes 7500 M. 18:30
Veterana Feme 67 e antes 7500 M. 18:30
Canicross 4000 M. 18:33

jueves, 4 de septiembre de 2008

Comezo de tempada

Este venres comeza a tempada o Club-Escola de Atletismo Deza. Para iso desprazarase á localidade de Muíños na Serra do Xurés, co fin de realizar unha mini-concentración que serve para fomentar aínda máis, se cabe, os lazos de compañeirismo e amizade xa existentes entre todos os membros do equipo. Nestas xornadas vanse realizar distintas rutas de sendeirismo polo Parque Natural da Baixa Limia. A excursión durará tres días: venres pola tarde, sábado e domingo.
Máis información:
Por outra parte, o luns día 8, iniciaremos os adestramentos ás 17h 30´, no Regueiriño.