jueves, 31 de julio de 2008

Carreira Solidaria de A Toxa


Luisa Lalín recibindo o trofeo das mans do ex-olímpico Alejandro Gómez



Luisa Lalín vence en A Toxa e Riera queda 3º en Pontevedra.




Este longo fin de semana do Santiago Apóstol houbo varias competicións atléticas que non foron desaproveitadas polos atletas da Escola de Atletismo Deza.

En concreto o domingo 27 e na Illa de A Toxa disputouse a Carreira Popular Illa de A Toxa, que consistiu en dar dúas voltas a illa, en total 5.200 metros, a Carreira foi organizada polo Hotel Hesperia e o Casino de A Toxa.

A atleta local Luisa Lalín acadou o 1º posto na súa categoría e como premio trofeo e unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Hotel e Casino de A Toxa.

Acudiron atletas de toda Galicia e os vencedores absolutos foron Iván Docampo e Chus Valiño, o resto dos atletas do clube foron Alba Rubial 5ª, Teresa Seoane 6ª, Fernando Rodríguez 21º e Alfonso Rubial 51º nas súas respectivas categorías.

Tamén o festivo día 25, en Pontevedra disputouse a Carreira Popular Santiago Peregrino sobre a distancia de 4 kilómetros, e na que o atleta local Antonio Riera acadou o 3º posto da súa categoría.

domingo, 13 de julio de 2008

Cea fin de tempada

A finais de xuño, o Club-Escola Atletismo Deza, celebrou a súa cea de fin de tempada. Reuníronse os atletas, as súas familias e a adestradora. Foi unha xornada de convivencia onde todos o pasaron moi ben. Xa hai sete anos que se formou a nosa Escola. Neste tempo, pouco a pouco, fóronse tecendo lazos de amizade entre os membros do grupo. É admirable ver como desfrutan xuntos rapaces e rapazas de idades tan distintas: o máis xoven (Mario, o da primeira foto) ten seis anos e os maiores teñen catorce. Como di sempre David:"dá gusto ver o ben que se levan todos..."
Ao remate da cea, o presidente David Gracía e a adestradora Irene Gesto, entregaron os xa habituais premios simbólicos: Mellor atleta: Marta Gil Figueiras primeira e Ángela Vilar González segunda. Mellor compañeiro: Diego Viana Soto primeiro e Brais Soto Telmo segundo. Mellor comportamento: Mario Vilar González primeiro e Mónica Pérez Barros segunda.
Noraboa a todos!!!
Boas vacacións!!!








miércoles, 9 de julio de 2008



Paseo de Javier Gómez Noya en Leiro.


O actual campeón da Copa do Mundo de Triatlón e aspirante a medalla nos xogos Olímpicos de Pekín 2008 fixo un entrenamiento o pasado domingo na 25 edición da Carreira Popular de Leiro (Ourense). Así se pode calificar a súa victoria nesta popular, nin Gustavo Platas 2º, nin Elías Domínguez 3º, nin o ex-olímpico Carlos Adán 5º, foron capaces de facerlle sombra a este triatleta que semellaba eso, correr por tres.

Varios atletas da Escola de Atletismo Deza tomaron parte nesta carreira, Antonio Riera rematou 5º, Teresa Seoane 12ª e Manuel Rodríguez "Cavanillas" 22º, nas súas respectivas categorías e sobre a distancia de 9.720 metros.




martes, 1 de julio de 2008

Carreira Nocturna de Celanova

Teresa Seoane 3ª en Celanova.

O pasado sábado 28 de xuño as 22:30 da noite disputouse no entorno do Mosteiro de Celanova unha nova edición da Nocturna de Celanova que supuso un novo récord de participantes, 300 entre rapaces e maiores.

A distancia a percorrer era de 7.200 metros e as condicións climatolóxicas de moito calor. O vencedor en categoría masculina foi o atleta compostelano Pedro Nimo e en femenino a lucense Chus Valiño.

A representación do Club Escola Atletismo Deza foi de catro corredores, Teresa Seoane acadou o 3º posto en senior femenino e os restantes postos acadados foron Manuel Rodríguez "Cavanillas" 7º, Fernando Rodríguez 19º, e David García 28º nas súas respectivas categorías.