viernes, 22 de agosto de 2008

Carreiras do mes de agosto

A actividade dos atletas da Escola de Atletismo Deza neste verán non decae, o pasado día 9 en Os Vilares-Guitiriz, disputouse unha nova edición da súa tradicional Carreira Popular. Cinco atletas se desplazaron ata a localidade lucense e como resultados máis destacados cabe reseñar o 3º posto de Luisa Lalín e o 4º de Teresa Seoane nas súas respectivas categorías o que lles valeu para conseguir acceder os premios en metálico.

Tamén o pasado sábado día 16 en Lira-Carnota se disputou a 17ª edición do seu cross pola praia da localidade coruñesa. A distancia foi de 7.500 metros e sobre un trazado de continuos sube-baixa a atleta local Teresa Seoane consegiu chegar de 3ª en senior femenina.

Este domingo día 24 de agosto nova cita na localidade de Baiona e sobre a distancia de 10 kilómetros na que se presume unha gran participación de atletas de toda Galicia.