jueves, 30 de abril de 2009

Antonio Riera 3º na Media Maratón de Vilagarcía

















Antonio Riera recibiu trofeo como 3º clasificado na súa categoría de veterán na Media Maratón de Vilagarcía (21 km.), Antonio Costa fixo 1 hora 34 minutos e Teresa Seoane 1 hora 48 minutos, rebaixando así as súas marcas persoais.




















Luisa Lalín finaliza no posto 13ª no seu debut no Maratón Popular de Madrid.

A atleta da Escola de Atletismo Deza finalizou cun tempo de 1 hora 56 minutos os 42 kilómetros da proba. O mellor tempo da representación dezá foi realizado por Manuel Cavanillas con 3 horas 44 minutos, Alfonso Rubial 3 horas 47 minutos e Félix de Castro 3 horas 58 minutos. Remataron a proba 8.372 corredores.

Os atletas quedaron moi satisfeitos polo seu bautizo na distancia olímpica dos 42 kilómetros sobre todo porque foron capaces de terminala.

martes, 7 de abril de 2009


Antonio Riera gaña en Ordenes.

O atleta da Escola de Atletismo Deza gañou na súa categoría de veteranos na XIV edición da Carreira Popular de Ordenes o primeiro posto. O atleta dezano fixo un tempo de 38 minutos 27 segundos nos 9.500 metros e con bastantes pendientes no seu percorrido. A continuación de Riera entraron Antonio Cabanas de Ferrol e Antonio Hernández de A Coruña. A proba foi seguida por numeroso público nunha cita xa consolidada no calendario atlético en Galicia.

Outro posto a destacar foi o de Vanessa Weber quinta na súa clasificación femenina.
Foto do equipo antes da saída na X edición da Vig-Bay


Luisa Lalín no podio da Vig-Bay 2009


A deportista da Escola de Atletismo Deza Luisa Lalín rematou na súa categoría tras percorrer os 21.097 metros que separan a cidade de Vigo da localidade de Baiona. A atleta lalinense so foi superada pola compostelana Esther Pedrosa que na década dos noventa foi a principal referencia do atletismo femenino e por Marina Fernández.

Outros postos acadados polos integrantes da Escola foron Verónica Mon octava, Manuel Cavanillas no posto 62, Alfonso Rubial 78, Antonio Costa 140, David García 199, Alfonso Toimil 218 e Fernando Rodríguez 280 nas súas respectivas categorías. O vencedor absoluto foi o vigués Elías Domínguez e en femenino Esther Alvarez. Remataron a carreira 2.781 corredores.