miércoles, 26 de marzo de 2008

Carreira Popular de Padrón 2008



O Club-Escola de Atletismo Deza desprazouse ata Padrón o pasado 23 de febreiro para participar na Carreira Popular deste ano. Foi unha boa xornada para os nosos corredores/as. Os resultados máis destacados foron os seguintes:

VETERANOS: Antonio Riera, primeiro clasificado.

CADETES: Tania Iglesias, primeira clasificada.
Alba Viana, segunda clasificada.

INFANTIL: Daniel Iglesias, primeiro clasificado.

ALEVÍN: Noemí Jácome, segunda clasificada.
Tamara Pazos, terceira clasificada.

Así mesmo, o noso club, recibiu o trofeo ao equipo con maior número de participantes nesta maratón.
Desde aquí queremos felicitar aos organizadores da Carreira Popular de Padrón 2008, pola súa boa planificación.
E para rematar, dicir que celebramos aquela exitosa xornada deportiva cunha cea de convivencia, aquí en Lalín.

No hay comentarios: