martes, 24 de junio de 2008

Final do VIII Circuito de Carreiras Populares CORRE CON NOS


Luisa Lalín remata de 3ª.


O domingo 15 de xuño tivo lugar en Lugo a séptima e última xornada do Corre con Nós, dos nove representante do Club Escola Atletismo Deza que participaron nesta edición que comenzou aló polo mes de decembro finalmente solo Luisa Lalín mantivo unha gran regularidade que a fixo subir o podio no terceiro lugar e levar así o premio final.


Ata esta última carreira varios atletas tiveron serias opcións de meterse no podio, pero finalmente Antonio Riera tivo que conformarse co cuarto posto, Teresa Seoane tamén cuarta, Manuel Rodríguez "Cavanillas" 6º, Fernando Rodríguez 14º e Alfonso Rubial 32º nas súas respectivas categorías. A nivel de equipos o Club mantivo o 5º posto dun total de 13 que comenzaron a competición.


Para rematar a temporada quedan aínda varias carreiras pero ponse así broche a unha destacada actuación dos atletas lalinenses na temporada 2007-2008, na que a sección senior do club se veu reforzada coa incorporación de cada vez mais atletas que deciden facer deste deporte a súa principal afición e dedicación como desfrute do tempo libre.






No hay comentarios: