jueves, 4 de septiembre de 2008

Comezo de tempada

Este venres comeza a tempada o Club-Escola de Atletismo Deza. Para iso desprazarase á localidade de Muíños na Serra do Xurés, co fin de realizar unha mini-concentración que serve para fomentar aínda máis, se cabe, os lazos de compañeirismo e amizade xa existentes entre todos os membros do equipo. Nestas xornadas vanse realizar distintas rutas de sendeirismo polo Parque Natural da Baixa Limia. A excursión durará tres días: venres pola tarde, sábado e domingo.
Máis información:
Por outra parte, o luns día 8, iniciaremos os adestramentos ás 17h 30´, no Regueiriño.

No hay comentarios: