domingo, 30 de marzo de 2008

XIII Carreira Popular de Ordes


Un grupo de atletas da Escola de Atletismo Deza, participou hoxe na XIII Carreira Popular de Ordes, acadando varios podios nas distintas categorías. Noroboa a todos os corredores/as polo seu esforzo!

BRILLANTES RESULTADOS:

PREBENXAMÍN MASCULINO- percorrido 300 metros
Primeiro clasificado: Mario Vilar González.

BENXAMÍN MASCULINO - percorrido 700 metros
Segundo clasificado: Pedro Toimil Cornado.

ALEVÍN FEMININO - percorrido 700 metros
Primeira clasificada: Noemí Jácome Froiz.
Segunda clasificada: Manuela Pereira Enríquez.
Terceira clasificada: Mónica Pérez Barros.

CADETE FEMININO - percorrido 3.000 metros
Primeira clasificada: Alba Viana Soto.

VETERANOS D - percorrido 9.500 metros
Primeiro clasificado: Antonio Riera Cachero.

Así mesmo, acadaron postos destacados nas distintas categorías os seguintes atletas:
Javier García Docampo: noveno clasificado - INFANTIL MASCULINO
Andrés Peña del Río: cuarto clasificado - ALEVÍN MASCULINO
Carlos Peña del Río: sexto clasificado - ALEVÍN MASCULINO
María Vila Batán: oitava clasificada - ALEVÍN FEMININO

E, para rematar, o EQUIPO DE VETERANOS, gañou un premio de 150 euros polo cuarto posto na clasificación por equipos.

miércoles, 26 de marzo de 2008

Próxima competición

O domingo día 30, desprazarémonos á localidade de Ordes para participar na XIII Edición da Carreira Popular deste concello.
Moito ánimo a todos os participantes!

Aproveitando o tempo



Mentras se fai un descanso no adestramento en pista, uns atletas aproveitan para darlle unhas patadas ao balón e outras, para ensaiar uns pasos de baile. Como podedes comprobar, os nosos rapaces e rapazas, non paran.

Viaxe ás pistas de atletismo de Pontevedra


Como pronto vai empezar a tempada de competicións en pista, o día 8 deste mes, os atletas da nosa Escola, desprazáronse ata Pontevedra para realizar o adestramento en pista; xa que, de momento, non contamos con estas instalacións na nosa localidade para poder practicar salto de lonxitude, lanzamento de peso, lanzamento de xabalina, carreiras de velocidade e resistencia, entre outras.

Carreira Popular de Padrón 2008



O Club-Escola de Atletismo Deza desprazouse ata Padrón o pasado 23 de febreiro para participar na Carreira Popular deste ano. Foi unha boa xornada para os nosos corredores/as. Os resultados máis destacados foron os seguintes:

VETERANOS: Antonio Riera, primeiro clasificado.

CADETES: Tania Iglesias, primeira clasificada.
Alba Viana, segunda clasificada.

INFANTIL: Daniel Iglesias, primeiro clasificado.

ALEVÍN: Noemí Jácome, segunda clasificada.
Tamara Pazos, terceira clasificada.

Así mesmo, o noso club, recibiu o trofeo ao equipo con maior número de participantes nesta maratón.
Desde aquí queremos felicitar aos organizadores da Carreira Popular de Padrón 2008, pola súa boa planificación.
E para rematar, dicir que celebramos aquela exitosa xornada deportiva cunha cea de convivencia, aquí en Lalín.

martes, 25 de marzo de 2008

Xunta Directiva

PRESIDENTE
David García Curros

VICEPRESIDENTE
Fernando Rodríguez Vilariño

SECRETARIA
Patricia Docampo Arias

TESOUREIRO
Luís Viana Abeledo

Adestradora 2007-08


Irene Gesto Dono

Benvidos!

Abrimos este blog ou bitácora coa única pretensión de que coñezades un pouco máis do noso Club-Escola: como naceu, como foi medrando e evolucionando, as actividades que se realizan ao longo de cada tempada, etc.

Tamén queremos que sexa unha ventá aberta ás vosas opinións e comentarios que, sen dúbida, nos axudarán a mellorar na nosa traxectoria.

O Club-Escola de Atletismo Deza entende que o deporte, ademais de contribuir á saúde, fomenta a diversión, a amizade, a convivencia...