miércoles, 21 de enero de 2009


A sección femenina da Escola de Atletismo Deza dase a ver en Lugo.

Verónica Mon comenza a destacar no Corre con Nós, terceira clasificada na absoluta de mulleres fixo un tempo de 16 minutos 15 segundos nos 4.000 metros, só superada por Patricia García e Noemí Moral.

Luisa Lalín fixo tamén unha gran carreira indo de menos a mais e rematando 1ª na súa categoría, afianzando o seu primeiro posto no Circuito de Carreiras Populares Corre con Nós que vai pola súa segunda xornada.

Outros resultados dos membros da Escola foron Antonio Riera 7º, Vanesa Webber 8ª, Teresa Seoane 9ª, Manuel "Cavanillas" 10º, Antonio Costa 22º, Alfonso Rubial 27º, Fernando Rodríguez 28º e David García 48º todos nas súas respetivas categorías e sobre un total de 726 corredores de toda Galicia.

No hay comentarios: