Éxito dos nosos atletas na IV edición da carreira Kórpore Carballiño.
Ata un total de sete atletas do Club Escola Atletismo Deza se subiron o podio o pasado fin de semana na última edición da Carreira do Carballiño. Catro primeiros postos en categorías inferiores e dous segundos e un terceiro en maiores.
En categorías inferiores os vencedores por categorías foron Mario Vilar González, María Vila Batán, Andrés Peña del Río e Javier García Docampo, completando e apoiando o resto dos compoñentes do equipo unha destacada actuación.
Xa en categoría absoluta e sobre a distancia de 10.000 metros Vanessa Weber volveu demostrar o seu excepcional estado de forma e sólo foi superada por unha atleta do Clube Academia Postal de Ourense, chegando a meta segunda na clasificación xeral femenina e primeira da súa categoría.
Teresa Seoane rematou terceira e o veterán Antonio Riera segundo nas súas respectivas categorías, completando unha das actuacións mais completas do clube na presente temporada en canto a carreiras populares.
1 comentario:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=2775
Esperamos vervos nesta nosa primeira carreira ;)
Asociacion atletismo estradense
Publicar un comentario