O pasado domingo día 19 celebrouse a Carreira popular de Ames, á que acudiron a maioría dos integrantes da Escola de Atletismo Deza, desprazáronse ata Bertamiráns 30 alumnos das distintas categorías. Nesta maratón popular participaron atletas de toda Galicia. As distancias a percorrer ían desde os 200 m ata os 7.500 m.
A EAD obtuvo moi bos resultados:
Mario Vilar acadou o primeiro posto sobre a distancia de 200 m en Prebenxamín, Daniel Iglesias segundo sobre 2.500 m en Infantil, Alba Viana terceira sobre 2.500 m como Cadete. Destacando, asimesmo, as posicións de Pedro Toimil en quinto lugar sobre 500 m como Benxamín, Lucía Castro sétima e Marta Gil oitava sobre 2.500 como Cadetes.
A EAD comeza así esta nova tempada con máis alumnos inscritos e con moito entusiasmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario