viernes, 28 de noviembre de 2008

Carlos Peña del Río finalizou segundo na Carreira de Santiago

A Escola de Atletismo Deza participou o día 15 de novembro na primeira edición do trofeo de campo a través Concello de Santiago e obtuvo bos resultados. Carlos Peña del Río finalizou segundo na categoría de alevín masculino, tras percorrer 1,9 km. Daniel Iglesias acadou o terceiro podio en infantil masculino, sobre 2,9 km. O equipo alevín feminino finalizou segundo na modalidade de equipos con Noemí Jácome (cuarta na clasificación xeral); Tamara Pazos, sétima; Tamara Seijas, oitava e Mónica Penas, undécima. Na categoría de cadetes, Alba Viana chegou quinta e Javier García oitavo.
Outra das actuacións destacadas nesta carreira foi a do alevín Lucas Enríquez que acadou o quinto posto na súa proba.











No hay comentarios: