De esquerda a dereita: Ángela Vilar (desculpa por cortarte, a présa do momento), Mónica Pérez, Manuela Pereira, Alba Rodríguez, Beatriz Rodríguez, María Vila, Tamara Seijas, Tamara Pazos e Noemí Jácome.
O pasado xoves día 18 de decembro, celebrouse o Campionato Zonal Escolar de Campo a través. A Escola de Atletismo Deza, acudiu a Silleda con 25 atletas das diferentes categorías.
Destacou o equipo de Alevín Feminino, que se proclamou campión da competición. Anabel Viana, de Infantil Feminino, chegou terceira. Daniel Iglesias, de Infantil Masculino, acadou o primeiro posto.
Nas imaxes, non aparecen todos os atletas participantes, porque non sempre é posible collelos cando van correndo. Todos amosaron moito entusiasmo durante a competición. Noraboa!!! Agora toca descansar uns días. Boas Festas e Feliz 2009!
No hay comentarios:
Publicar un comentario