jueves, 5 de marzo de 2009

Próximas competicións do Club-Escola Atletismo Deza

O día 7 de marzo, pola mañá, competición en pista en Vilagarcía para as categorías Benxanín e Alevín.
O día 7, pola tarde, Carreira Popular en Padrón. Á volta, cea de convivencia en Lalín.
O sábado 14 de marzo, os Infantís, teñen competición en pista en Vigo.
O domingo 15 de marzo, Campionato Galego en pista cuberta, para Cadetes.
O sábado 21 de marzo, competición de Deporte Escolar en Cangas, para as categorías de Benxamín e Alevín.
O domingo 22 de marzo, Carreira Popular en Monforte de Lemos, para todas as categorías.
As próximas competicións irémolas avisando segundo a Federación vaia anunciando as datas.
Tamén está confirmado que o día 10 de maio se celebrará a Carreira Popular en Ferreirúa, na que participaremos. Como é costume, ao rematar, faremos unha comida campestre para atletas e acompañantes.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vaia! Tedes unha axenda ben completa para este mes. Pois, a correr e a gañar moitos trofeos!
Bueno... e tamén a comer, que polo que vexo, organizades e celebrades moi ben as saídas atléticas. Que sigades con ese ánimo.
Un seguidor da Escola. Saúdos.