martes, 2 de junio de 2009

Daniel Iglesias gaña o ouro no Tetratlón do Campionato Galego

A Escola de Atletismo Deza competiu no Campionato Galego de atletismo en pista, que se celebrou o pasado domingo, día 31, en Lugo. Acudiron a estas probas os tres atletas da categoría Infantil, que se clasificaran na fase provincial. Tendo en conta a gran participación de atletas de toda Galicia, nas difetrentes categorías, podemos considerar de moi meritorios os resultados acadados polos membros do noso clube:

Destacamos o primeiro posto e medalla de ouro logrados por Daniel Iglesias, na proba de Tetratlón.
En Infantil Feminino, Anabel Viana, acadou o 9º posto en 3 km marcha.

Asimesmo, Javier García, que competiu en distintas probas, tamén acadou moi bos resultados: clasificouse en 5º lugar en 80 m valos e conseguiu o 10º posto en 80 m lisos e en salto de lonxitude.


A todos eles, Noraboa!!!

Irene, a adestradora do noso clube, cos campións: Anabel, Javi e Dani. Xuntos, toman un descansiño despois do gran esforzo realizado na competición, ben o merecen! Os catro amosan alegría e satisfacción.

No hay comentarios: