lunes, 25 de mayo de 2009

Campionato Provincial Pista

Daniel Iglesias e Javier García
Campións Provinciais

O sábado día 16, celebráronse as distintas finais do Campionato Provincial en pista ao aire libre na localidade de Vilagarcía, categoría Infantil. Cinco eran os representantes que o Clube Escola Atletismo Deza lograra clasificar para ditas finais e os resultados pódense calificar de moi bos:
Daniel Iglesias, proclamouse Campión Provincial na modalidade de Tetratlón. Tamén Campión foi o seu compañeiro de equipo Javier García, neste caso na modalidade de 80 m. valos. Javier, ademais, participou na final de salto de lonxitude e 80 m. lisos, sendo cuarto en ambas as probas.
Completaban o equipo masculino Diego Viana, en lanzamento de disco e Iago Pazos, tamén en lanzamento de peso.
Xa en categoría feminina, Anabel Viana foi na proba de 3 km. marcha.
Con estes resultados, tanto Daniel Iglesias como Javier García, teñen asegurada a súa participación na fase final do Campionato Galego que se celebrará a finais do presente mes na localidade de Lugo.
Noraboa, campións!


Javier

Daniel

Iago

Javier

Diego

Daniel

No hay comentarios: