martes, 12 de mayo de 2009

Antonio Riera e Tamara Seijas gañan en Ferreirúa

Na foto pode verse o maratoniano madrileño Fabián Roncero cos rapaces da Escola de Atletismo Deza


ANTONIO RIERA E TAMARA SEIJAS GAÑAN EN A FERREIRUA

Este domingo os integrantes do "Clube Escola Atletismo Deza" desprazáronse a localidade de Ferreirúa (Pobra do Brollón) para participar na "XX Carreira Popular" que se organiza na localidade.
En dita proba, Antonio Riera proclamouse vencedor na categoría de veteráns tras percorrer unha distancia de 9.300 metros. Tamén logrou a vitoria, neste caso en categoría Alevín feminina Tamara Seijas na distancia de 1.900 metros seguida pola súa compañeira de equipo Noemí Jácome. Pero non foron os únicos integrantes do equipo dezá en obter trofeos, así na categoría infantil feminina e sobre unha distancia de 2.900 metros Alba Viana foi tamén segunda o mesmo que Alberto Rodríguez nos máis pequenos.

A participación rondou os setecentos atletas de toda Galicia.

A parte da xornada atlética da mañán, os rapaces ademais dos seus pais e demais membros do equipo senior do clube desfrutaron dunha tarde de convivencia que consistiu nun xantar e unha visita ás bodegas e ó mirador sobre os viñedos desta zona da ribeira sacra.



martes, 5 de mayo de 2009

Carreira en Ferreirúa

O próximo domingo día 10, a EAD desprazarase ata a localidade de Pobra de Brollón para participar na Carreira Popular de Ferreirúa. Nesta competición, ademais dos troferos, haberá varios premios para os primeiros clasificados de cada proba.
Despois da carreira, os atletas e os acompañantes que queiran, xantarán xuntos na área recreativa.

jueves, 30 de abril de 2009

Antonio Riera 3º na Media Maratón de Vilagarcía

















Antonio Riera recibiu trofeo como 3º clasificado na súa categoría de veterán na Media Maratón de Vilagarcía (21 km.), Antonio Costa fixo 1 hora 34 minutos e Teresa Seoane 1 hora 48 minutos, rebaixando así as súas marcas persoais.




















Luisa Lalín finaliza no posto 13ª no seu debut no Maratón Popular de Madrid.

A atleta da Escola de Atletismo Deza finalizou cun tempo de 1 hora 56 minutos os 42 kilómetros da proba. O mellor tempo da representación dezá foi realizado por Manuel Cavanillas con 3 horas 44 minutos, Alfonso Rubial 3 horas 47 minutos e Félix de Castro 3 horas 58 minutos. Remataron a proba 8.372 corredores.

Os atletas quedaron moi satisfeitos polo seu bautizo na distancia olímpica dos 42 kilómetros sobre todo porque foron capaces de terminala.

martes, 7 de abril de 2009


Antonio Riera gaña en Ordenes.

O atleta da Escola de Atletismo Deza gañou na súa categoría de veteranos na XIV edición da Carreira Popular de Ordenes o primeiro posto. O atleta dezano fixo un tempo de 38 minutos 27 segundos nos 9.500 metros e con bastantes pendientes no seu percorrido. A continuación de Riera entraron Antonio Cabanas de Ferrol e Antonio Hernández de A Coruña. A proba foi seguida por numeroso público nunha cita xa consolidada no calendario atlético en Galicia.

Outro posto a destacar foi o de Vanessa Weber quinta na súa clasificación femenina.
Foto do equipo antes da saída na X edición da Vig-Bay


Luisa Lalín no podio da Vig-Bay 2009


A deportista da Escola de Atletismo Deza Luisa Lalín rematou 3ª na súa categoría tras percorrer os 21.097 metros que separan a cidade de Vigo da localidade de Baiona. A atleta lalinense so foi superada pola compostelana Esther Pedrosa que na década dos noventa foi a principal referencia do atletismo femenino e por Marina Fernández.

Outros postos acadados polos integrantes da Escola foron Verónica Mon octava, Manuel Cavanillas no posto 62, Alfonso Rubial 78, Antonio Costa 140, David García 199, Alfonso Toimil 218 e Fernando Rodríguez 280 nas súas respectivas categorías. O vencedor absoluto foi o vigués Elías Domínguez e en femenino Esther Alvarez. Remataron a carreira 2.781 corredores.

lunes, 30 de marzo de 2009

TAMARA SEIJAS 2ª EN MONFORTE


David García Curros entrando en línea de meta en Monforte


Este domingo, una importante representación de la Escola Atletismo Deza se han desplazado hasta la localidad de Monforte para participar en la carrera que organiza dicho concello.

Cabe destacar el 2º puesto obtenido por la corredora alevín Tamara Seijas, en una prueba en la que han participado casi un centenar de corredores. También meritorios han sido el 4º
puesto del cadete Daniel Iglesias que en una apretado final se vió rebasado en la misma linea de meta lo que le impidió subir al tercer lugar del podio.

Igualmente la atleta Anabel Viana ha sido 4ª en la categoría infantil. Ya en la categoría de adultos el primer representante del equipo lalinense ha sido Fernando Rodríguez que invirtió un tiempo de 28´10´´ en recorrer los algo más de 7 km. de la prueba, siendo el ganador Gustavo Platas del Azkar Lugo.

lunes, 16 de marzo de 2009

Competición en pista en Vigo

O pasado sábado día 14, os atletas Infantís da EAD, participaron na competición en pista que tivo lugar en Vigo.
Os atletas disputaron as seguintes probas: marcha, salto de lonxitude, 80 m lisos, 150 m lisos, 500 m lisos e lanzamento de peso.
Estamos á espera das clasificacións definitivas.

Anabel en marcha: un, dous, un, dous... Moi ben!


Diego, bravo!


Este si que é un salto, Dani!

Javi... case voando!


Vaia chimpo, Iago!


Javier García e Diego Viana disputando os 80 m lisos, 1ª serie.

Daniel Iglesias e Iago Pazos correndo os 80 m lisos, 2ª serie.

martes, 10 de marzo de 2009

As atletas alevíns e cadetes da EAD acadan os primeiros postos en Padrón

Gran participación do noso equipo na Carreira Popular de Padrón celebrada o pasado sábado. Desde a Escola de Atletismo Deza, queremos felicitar aos membros da organización desta competición, pola boa planificación. Un ano máis, grazas pola súa atención. Os nosos atletas sempre acuden a Padrón con moito entusiasmo (hai que dicir que os pais/nais, tamén). De aí, a xornada exitosa. Felicidades!!!

O equipo, recibiu un trofeo ao club con maior número de participantes.

A clasificación é a seguinte:

Benxamín masculino: Mario Vilar, 3º

Alevín feminino:
-Tamara Seijas, 1ª
-Beatriz Rodríguez, 2ª
-Manuela Pereiro, 3ª
-Mónica Pérez, 4ª
-María Vila, 5ª
-Ángela Vilar, 6ª

Alevín masculino:
-Pedro Toimil, 9º

Infantil feminino:
-Noemí, 4ª

Infantil masculino:
-Andrés Peña, 6º
-Carlos Peña, 7º
-Anabel Viana, 8ª
-Iago Pazos, 12º
-Diego Viana, 14º

Cadete feminino:
-Alba Viana, 1ª
-Lucía Castro, 3ª
-Alba Pereira, 4ª
-Noelia Fontao, 7ª
-Marta Gil, 8ª

Cadete masculino:
-Daniel Iglesias, 3º
-Javier García, 6º

Veteranos:
-Luisa Lalín, 2ª


De esquerda a dereita: Javi, Carlos con Atletito, Ángel, Dani, Anabel (detrás), Andrés, Tamara, María, Lucas, Beatriz, Manuela, Mario V., Pedro, Diego, Noemí (detrás), Iago, Ángela, Fernando, Manolo e Teresa. De dereita a esquerda: Pepe, Cavanillas, Mónica, Alba V., Lucía, Alba P., Marta, Anxo (canto se queren estes dous!) e Tomás.

"Atletito", a nosa mascota, posa entre Mónica e Tomás.

Teresa Seoane recolle o trofeo en nome de Luisa Lalín.

Daniel Iglesias

Alba Viana e Lucía Castro

Tamara Seijas e Manuela Pereiro.
Atletito, de tanto subir ao podium, séntese canso...

Mario Vilar, o noso campión máis xoven.

Marta Gil e Anabel Viana, esforzándose ata o final.

Diego Viana, nos últimos metros do percorrido.

Noelia Fontao, que xa había tempo que non corría. Ánimo!

Iago Pazos, preto da meta.

Lucía Castro e Alba Pereira, con alegría e xuntas ata o final.


Noemí Jácome, gran esforzo.

Carlos Peña, no spring final.

Andrés Peña, chegando á meta.

Os infantís e cadetes, na liña de saída: preparados, listos...

María Vila e Ángela Vilar, correndo pola beira do río.

Pedro Toimil, Lucas Enríquez e Mónica Pérez, pola metade do percorrido.
Os atletas alevíns listos para saír.

Mario Silva, ánimo!

Mario Vilar, bravo!

Anxo Gil e Mario Silva, no pelotón de saída.

Mario Vilar, Tomás Viana e Anxo Gil, moi atentos!

jueves, 5 de marzo de 2009

Próximas competicións do Club-Escola Atletismo Deza

O día 7 de marzo, pola mañá, competición en pista en Vilagarcía para as categorías Benxanín e Alevín.
O día 7, pola tarde, Carreira Popular en Padrón. Á volta, cea de convivencia en Lalín.
O sábado 14 de marzo, os Infantís, teñen competición en pista en Vigo.
O domingo 15 de marzo, Campionato Galego en pista cuberta, para Cadetes.
O sábado 21 de marzo, competición de Deporte Escolar en Cangas, para as categorías de Benxamín e Alevín.
O domingo 22 de marzo, Carreira Popular en Monforte de Lemos, para todas as categorías.
As próximas competicións irémolas avisando segundo a Federación vaia anunciando as datas.
Tamén está confirmado que o día 10 de maio se celebrará a Carreira Popular en Ferreirúa, na que participaremos. Como é costume, ao rematar, faremos unha comida campestre para atletas e acompañantes.

miércoles, 21 de enero de 2009


A sección femenina da Escola de Atletismo Deza dase a ver en Lugo.

Verónica Mon comenza a destacar no Corre con Nós, terceira clasificada na absoluta de mulleres fixo un tempo de 16 minutos 15 segundos nos 4.000 metros, só superada por Patricia García e Noemí Moral.

Luisa Lalín fixo tamén unha gran carreira indo de menos a mais e rematando 1ª na súa categoría, afianzando o seu primeiro posto no Circuito de Carreiras Populares Corre con Nós que vai pola súa segunda xornada.

Outros resultados dos membros da Escola foron Antonio Riera 7º, Vanesa Webber 8ª, Teresa Seoane 9ª, Manuel "Cavanillas" 10º, Antonio Costa 22º, Alfonso Rubial 27º, Fernando Rodríguez 28º e David García 48º todos nas súas respetivas categorías e sobre un total de 726 corredores de toda Galicia.

jueves, 15 de enero de 2009

10 Kilómetros de Xinzo de Limia








Luisa Lalín primeira nos 10 Kilómetros de Xinzo de Limia.

Luisa Lalín sigue demostrando o seu espléndido estado de forma despois de quedar segunda detrás da portuguesa Manuela Machado, ex-olímpica, ex-campeona do mundo de maratón, ganadora entre otros do Maratón de Helsinki 94, Goteborg 95, Budapest 98, e un largo etcétera que convirten a veterana atleta portuguesa nunha das mais laudeadas do atletismo internacional.
Sin embargo Luisa recibíu o trofeo de 1ª clasificada da súa categoría o levar a portuguesa o trofeo da clasificación xeral de mulleres.
Outros resultados destacados dos atletas da Escola de Atletismo Deza foron Antonio Riera 6º, Teresa Seoane 9ª e Manuel Cavanillas 14º.

Noutro orde de cousas varios atletas da Escola aproveitaron a ocasión para manifestar a súa repulsa polo desastre humanitario e o xenocidio que se está a cometer na franxa de Gaza a mans do exército Israelí. Repartíronse lazos negros a modo de luto pola xente que está a morrer e desplegouse unha gran pancarta en repulsa por tales asesinatos coa vergoñenta complicidade das Nacións Unidas.