viernes, 5 de junio de 2009

Próxima camiñata

Este domingo, faremos unha camiñata por Goiás para todos os rapaces e acompañantes que queiran acudir. Sairemos ás 9:30 da Estación de autobuses.
Ao remate da andaina, teremos a comida de fin de tempada. E despois, faremos entrega dos trofeos a aqueles rapaces da escola que ao longo do ano destacaron como mellores atletas, mellor comportamento e mellor compañeirismo.
Tamén faremos, de forma simbólica, o cambio de xunta directiva; pois como ben sabedes, a partir do mes de setembro, son outra as persoas que collen a dirección deste clube. Queremos aproveitar para dar as GRAZAS a todos aqueles que ao longo destes anos estivestes ao noso lado para, coa desculpa do atletismo, formar unha GRAN FAMILIA.
Por outra parte, estamos comezando a preparar a Concentración pre-tempada do mes de setembro. Os que esteades interesados podedes comunicalo para ir facendo a reserva. As datas da excursión serán do 4 ao 6 dese mes.
Collede chuvasqueiro e paraugas, por se fixesen falta...

martes, 2 de junio de 2009

Daniel Iglesias gaña o ouro no Tetratlón do Campionato Galego

A Escola de Atletismo Deza competiu no Campionato Galego de atletismo en pista, que se celebrou o pasado domingo, día 31, en Lugo. Acudiron a estas probas os tres atletas da categoría Infantil, que se clasificaran na fase provincial. Tendo en conta a gran participación de atletas de toda Galicia, nas difetrentes categorías, podemos considerar de moi meritorios os resultados acadados polos membros do noso clube:

Destacamos o primeiro posto e medalla de ouro logrados por Daniel Iglesias, na proba de Tetratlón.
En Infantil Feminino, Anabel Viana, acadou o 9º posto en 3 km marcha.

Asimesmo, Javier García, que competiu en distintas probas, tamén acadou moi bos resultados: clasificouse en 5º lugar en 80 m valos e conseguiu o 10º posto en 80 m lisos e en salto de lonxitude.


A todos eles, Noraboa!!!

Irene, a adestradora do noso clube, cos campións: Anabel, Javi e Dani. Xuntos, toman un descansiño despois do gran esforzo realizado na competición, ben o merecen! Os catro amosan alegría e satisfacción.

jueves, 28 de mayo de 2009

Carreira solidaria de Santiago

Mónica Pérez, campiona en Santiago

O pasado domingo día 24, unha representación da Escola Atletismo Deza, desprazouse á localidade de Santiago para participar na III Carreira solidaria que, organizada polo gran corredor galego Pedro Nimo, tiña como obxectivo lograr fondos para unha causa solidaria; neste caso, para a cociña económica de Santiago. Na categoría pre- Infantil, a nova atleta dezá Mónica Pérez, proclamouse campioa. Na categoría Infantil, Noemí Jácome foi 2ª clasificada. Tamén meritorio o 4º posto de Peña del Río en Infantil e Pedro Toimil na categoría de pre- Infantil masculino.

lunes, 25 de mayo de 2009

A EAD xa ten nova Directiva

O Club-Escola de Ateletismo Deza, renovou os membros da Xunta Directiva. Celebrada a asamblea o pasado venres día 22, o Organigrama da Escola queda constituído como segue:

PRESIDENTA
Mª Cruz Figueiras Gutiérrez

VICEPRESIDENTE
Fernando Rodríguez Vilariño

SECRETARIA
Ana del Río Calderón

TESOUREIRA
Mª Soledad del Valle González

VOCAIS
Susana Cornado González
Luís Viana Abeledo

Campionato Provincial Pista

Daniel Iglesias e Javier García
Campións Provinciais

O sábado día 16, celebráronse as distintas finais do Campionato Provincial en pista ao aire libre na localidade de Vilagarcía, categoría Infantil. Cinco eran os representantes que o Clube Escola Atletismo Deza lograra clasificar para ditas finais e os resultados pódense calificar de moi bos:
Daniel Iglesias, proclamouse Campión Provincial na modalidade de Tetratlón. Tamén Campión foi o seu compañeiro de equipo Javier García, neste caso na modalidade de 80 m. valos. Javier, ademais, participou na final de salto de lonxitude e 80 m. lisos, sendo cuarto en ambas as probas.
Completaban o equipo masculino Diego Viana, 6º en lanzamento de disco e Iago Pazos, tamén 6º en lanzamento de peso.
Xa en categoría feminina, Anabel Viana foi 4ª na proba de 3 km. marcha.
Con estes resultados, tanto Daniel Iglesias como Javier García, teñen asegurada a súa participación na fase final do Campionato Galego que se celebrará a finais do presente mes na localidade de Lugo.
Noraboa, campións!


Javier

Daniel

Iago

Javier

Diego

Daniel

Máis imaxes de Ferreirúa
























viernes, 15 de mayo de 2009


ESCOLA DE ATLETISMO BUSCA PRESIDENTE

O noso Presidente David García Curros quere un relevo, despois de ¿catro ou cinco? anos levando o noso clube quere descansar unha temporadiña.

A verdade é que nestes anos todos os que nos chegamos a coñecer gracias a este deporte sentímonos moi unidos, e case que diría que formamos unha familia, a familia da Escola de Atletismo Deza, gran culpa de esto é do noso Presidente, sin el esto non sería o mesmo.

David sempre está encima, sempre recordando o que hai que facer, chamando a todas horas e a todo o mundo co fin de que as cousas saian o mellor posible. Sempre organizando a viaxe, os campeonatos dos pequenos, chamando ós pais, contratando o autobús para irnos de excursión, porque unha carreira é moito mais que eso, unha carreira é unha excursión. E como non, as paparotas ou ceas ou o que faga falta. A Escola non é só deporte, é convivencia, compañerismo, saúde. Esto é o que fai diferente a Escola de Atletismo Deza doutros clubes, é a filosofía que o noso Presidente lle quixo dar a esto, e que todos os que formamos parte desto lle estaremos sempre moi agradecidos. GRACIAS DAVID.

Agora só fai falta que alguén colla o relevo, o listón está alto pero o traballo que un día empezou o noso fundador, cariñosamente (o maestro) Antonio Riera ten que seguir adiante.

Algún pai dos rapaces da Escola debería coller o relevo. Eso esperamos. Xente de arredor non lle vai a fallar, nunca se vai sentir só pois esto é un equipo, só falta que alguén dea un paso ó frente e poñerlle nome á presidencia, o resto dos remeiros están dispostos.

O día é o venres 22 de maio ás 20:30 horas no colexio Manuel Rivero, non faltedes.

martes, 12 de mayo de 2009

Antonio Riera e Tamara Seijas gañan en Ferreirúa

Na foto pode verse o maratoniano madrileño Fabián Roncero cos rapaces da Escola de Atletismo Deza


ANTONIO RIERA E TAMARA SEIJAS GAÑAN EN A FERREIRUA

Este domingo os integrantes do "Clube Escola Atletismo Deza" desprazáronse a localidade de Ferreirúa (Pobra do Brollón) para participar na "XX Carreira Popular" que se organiza na localidade.
En dita proba, Antonio Riera proclamouse vencedor na categoría de veteráns tras percorrer unha distancia de 9.300 metros. Tamén logrou a vitoria, neste caso en categoría Alevín feminina Tamara Seijas na distancia de 1.900 metros seguida pola súa compañeira de equipo Noemí Jácome. Pero non foron os únicos integrantes do equipo dezá en obter trofeos, así na categoría infantil feminina e sobre unha distancia de 2.900 metros Alba Viana foi tamén segunda o mesmo que Alberto Rodríguez nos máis pequenos.

A participación rondou os setecentos atletas de toda Galicia.

A parte da xornada atlética da mañán, os rapaces ademais dos seus pais e demais membros do equipo senior do clube desfrutaron dunha tarde de convivencia que consistiu nun xantar e unha visita ás bodegas e ó mirador sobre os viñedos desta zona da ribeira sacra.



martes, 5 de mayo de 2009

Carreira en Ferreirúa

O próximo domingo día 10, a EAD desprazarase ata a localidade de Pobra de Brollón para participar na Carreira Popular de Ferreirúa. Nesta competición, ademais dos troferos, haberá varios premios para os primeiros clasificados de cada proba.
Despois da carreira, os atletas e os acompañantes que queiran, xantarán xuntos na área recreativa.

jueves, 30 de abril de 2009

Antonio Riera 3º na Media Maratón de Vilagarcía

















Antonio Riera recibiu trofeo como 3º clasificado na súa categoría de veterán na Media Maratón de Vilagarcía (21 km.), Antonio Costa fixo 1 hora 34 minutos e Teresa Seoane 1 hora 48 minutos, rebaixando así as súas marcas persoais.




















Luisa Lalín finaliza no posto 13ª no seu debut no Maratón Popular de Madrid.

A atleta da Escola de Atletismo Deza finalizou cun tempo de 1 hora 56 minutos os 42 kilómetros da proba. O mellor tempo da representación dezá foi realizado por Manuel Cavanillas con 3 horas 44 minutos, Alfonso Rubial 3 horas 47 minutos e Félix de Castro 3 horas 58 minutos. Remataron a proba 8.372 corredores.

Os atletas quedaron moi satisfeitos polo seu bautizo na distancia olímpica dos 42 kilómetros sobre todo porque foron capaces de terminala.

martes, 7 de abril de 2009


Antonio Riera gaña en Ordenes.

O atleta da Escola de Atletismo Deza gañou na súa categoría de veteranos na XIV edición da Carreira Popular de Ordenes o primeiro posto. O atleta dezano fixo un tempo de 38 minutos 27 segundos nos 9.500 metros e con bastantes pendientes no seu percorrido. A continuación de Riera entraron Antonio Cabanas de Ferrol e Antonio Hernández de A Coruña. A proba foi seguida por numeroso público nunha cita xa consolidada no calendario atlético en Galicia.

Outro posto a destacar foi o de Vanessa Weber quinta na súa clasificación femenina.
Foto do equipo antes da saída na X edición da Vig-Bay


Luisa Lalín no podio da Vig-Bay 2009


A deportista da Escola de Atletismo Deza Luisa Lalín rematou 3ª na súa categoría tras percorrer os 21.097 metros que separan a cidade de Vigo da localidade de Baiona. A atleta lalinense so foi superada pola compostelana Esther Pedrosa que na década dos noventa foi a principal referencia do atletismo femenino e por Marina Fernández.

Outros postos acadados polos integrantes da Escola foron Verónica Mon octava, Manuel Cavanillas no posto 62, Alfonso Rubial 78, Antonio Costa 140, David García 199, Alfonso Toimil 218 e Fernando Rodríguez 280 nas súas respectivas categorías. O vencedor absoluto foi o vigués Elías Domínguez e en femenino Esther Alvarez. Remataron a carreira 2.781 corredores.

lunes, 30 de marzo de 2009

TAMARA SEIJAS 2ª EN MONFORTE


David García Curros entrando en línea de meta en Monforte


Este domingo, una importante representación de la Escola Atletismo Deza se han desplazado hasta la localidad de Monforte para participar en la carrera que organiza dicho concello.

Cabe destacar el 2º puesto obtenido por la corredora alevín Tamara Seijas, en una prueba en la que han participado casi un centenar de corredores. También meritorios han sido el 4º
puesto del cadete Daniel Iglesias que en una apretado final se vió rebasado en la misma linea de meta lo que le impidió subir al tercer lugar del podio.

Igualmente la atleta Anabel Viana ha sido 4ª en la categoría infantil. Ya en la categoría de adultos el primer representante del equipo lalinense ha sido Fernando Rodríguez que invirtió un tiempo de 28´10´´ en recorrer los algo más de 7 km. de la prueba, siendo el ganador Gustavo Platas del Azkar Lugo.

lunes, 16 de marzo de 2009

Competición en pista en Vigo

O pasado sábado día 14, os atletas Infantís da EAD, participaron na competición en pista que tivo lugar en Vigo.
Os atletas disputaron as seguintes probas: marcha, salto de lonxitude, 80 m lisos, 150 m lisos, 500 m lisos e lanzamento de peso.
Estamos á espera das clasificacións definitivas.

Anabel en marcha: un, dous, un, dous... Moi ben!


Diego, bravo!


Este si que é un salto, Dani!

Javi... case voando!


Vaia chimpo, Iago!


Javier García e Diego Viana disputando os 80 m lisos, 1ª serie.

Daniel Iglesias e Iago Pazos correndo os 80 m lisos, 2ª serie.