O pasado domingo 13 de abril celebrouse en Lugo a quinta carreira do VIII Circuito de Carreiras Populares Corre con Nós, proba disputada no entorno do Paseo do Rato e sobre a distancia de 6.000 metros.
Cunha participación na carreira absoluta de 551 atletas, oito atletas do Club-Escola Atletismo Deza tomaron a saída.
Destacaron a nivel individual tres terceiros postos nas súas respectivas categorías, Teresa Seoane 3ª en sénior, e Luisa Lalín e Antonio Riera tamén 3º nas súas categorías de veteráns. Manuel Cabanillas terminou 7º na súa categoría.
Ata o de agora e a falta de computar esta carreira e dúas máis que quedan, as clasificacións manteñen como 2ª clasificada na súa categoría a Luisa Lalín, 4º Manuel Cabanillas, 5º posto para Teresa Seoane, Antonio Riera 10º lugar, Fernando Rodríguez 13º e Alfonso Rubial 23º.
En canto á clasificación por equipos o Club-Escola Atletismo Deza mantense na 8ª plaza sobre un total de 13 equipos de toda Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario