domingo, 13 de abril de 2008

Media Maratón Vigo-Baiona


O pasado domingo 6 de abril, un equipo de oito atletas do Club-Escola Atletismo Deza, desprazouse a Vigo para participar na IX Edición da Media Maratón Vigo-Baiona.

Un total de 2.395 atletas conseguiron terminar os 21 kilómetros que separan Vigo de Baiona. A nivel individual destacou o 6º posto na súa categoría de Luisa Lalín e o 30º de Teresa Seoane en categoría feminina. Debutaban nesta distancia David García, Alfonso Rubial, Rodrigo e Luisa Lalín, que cumpriron cos seus obxectivos. O primeiro atleta do club en cruzar a liña de meta foi Fernando Rodríguez seguido de Manuel Cavanillas e Félix de Castro.

O que finalmente non puido competir foi Antonio Costa que continúa lesionado e Antonio Riera preparando a súa participación no Campeonato Galego de Media Maratón a disputar no mes de maio en Vilagarcía.

Hoxe, día 13, novo compromiso para os sénior do club dezano no circuito de carreiras populares Corre con nós que se disputou en Lugo sobre a distancia de 6 Km.

No hay comentarios: