jueves, 8 de mayo de 2008

Finales campionato provincial atletismo

O pasado sábado día 3, a EAD participou na 2ª xornada clasificatoria para a final provincial, acadando uns bos resultados.
Este sábado, día 10, celébranse nas pistas de atletismo en Vigo as distintas probas da final provincial do campionato de pista ao aire libre. O Club-Escola Atletismo Deza logrou clasificar a un total de 16 atletas para ditas finais.
Na xornada matinal serán o infantís os que entren en competición:
Noelia Fontao en 80 m. valas, 80 m. l. e combinadas
Alba Viana en 500 m. l.
Marta Gil en 3 km. marcha
Lucía López en lanzamentos de peso e disco
Adrián Gil en Lanzamentos de peso e xavelina, 150 e 80 m.l.
Javier García en lanzamento de peso.
Pola tarde correspóndelle aos benxamíns e alevíns, sendo os clasificados:
Manuela Pereira en 60 m.l.
Angela Vilar en 1 km. marcha, salto de altura e lanzamento de peso
Mónica Pérez en combinadas
Sara Vidal , Anabel Viana e Angel Viana en lanzamento de peso
Noemí Jácome en 1.000 m
Tomás Viana en 1 km. marcha e salto de lonxitude
Andrés Peña en 2.000 m
Brais Soto en salto de lonxitude e combinadas.
Con estas finais, os benxamíns e alevíns, dan por finalizada a tempada en pista ao aire libre; mentres que na categoría dos infantís, confiamos en que se poidan clasificar algúns atletas para os campionatos galegos.
Moita sorte aos nosos atletas!!!

No hay comentarios: