martes, 13 de mayo de 2008

Corre con Nós 2007-2008


Penúltima xornada do Corre con Nós.

O pasado domingo día 11 de maio disputouse a penúltima xornada do VIII circuito de Carreiras Populares Corre con Nós. Os atletas do Club Escola Atletismo Deza acadaron uns destacados postos, Vanessa Weber 2ª na súa categoría, Antonio Riera 3º, Teresa Seoane 4ª, Manuel Cabanillas e Luisa Lalín 5º. Tamén participaron Fernando Rodríguez que fixo o mellor tempo dos participantes, Alfonso Rubial e José Lenza.

Despois desta carreira continúa a loita por entrar entre os tres primeiros e polo tanto conquerir premios o final do circuito. Os atletas do clube que teñen serias opcións son Luisa Lalín, Antonio Riera, Teresa Seoane e Manuel Cabanillas. Todo se decidirá o 15 de xuño na derradeira carreira do circuito.


No hay comentarios: