jueves, 22 de mayo de 2008

VIII Circuito Corre Con Nós. Clasificación provisional.

Luisa Lalín sigue de 1ª.

A falta da séptima e última carreira do Circuito de Carreiras Populares Corre con Nós que se disputa na Cidade de Lugo, e na que toman parte uns 700 atletas de toda Galicia os membros do Club Escola Atletismo Deza veñen de manter uns destacados postos nas súas respectivas categorías.


Despois da última carreira disputada no Paseo do Miño, a clasificación provisional sigue encabezada por Luisa Lalín de 1ª, Teresa Seoane 2ª, Manuel Rodríguez "Cavanillas" 2º, Fernando Rodríguez 8º, Antonio Riera 10º e Alfonso Rubial 15º nas súas respectivas categorías.


Por equipos o Clube Escola Atletismo Deza segue a manterse no 5º posto dun total de 13 equipos de toda Galicia que aló polo mes de novembro de 2007 empezaron o circuito.




No hay comentarios: