jueves, 22 de mayo de 2008

VIII Circuito Corre Con Nós. Clasificación provisional.

Luisa Lalín sigue de 1ª.

A falta da séptima e última carreira do Circuito de Carreiras Populares Corre con Nós que se disputa na Cidade de Lugo, e na que toman parte uns 700 atletas de toda Galicia os membros do Club Escola Atletismo Deza veñen de manter uns destacados postos nas súas respectivas categorías.


Despois da última carreira disputada no Paseo do Miño, a clasificación provisional sigue encabezada por Luisa Lalín de 1ª, Teresa Seoane 2ª, Manuel Rodríguez "Cavanillas" 2º, Fernando Rodríguez 8º, Antonio Riera 10º e Alfonso Rubial 15º nas súas respectivas categorías.


Por equipos o Clube Escola Atletismo Deza segue a manterse no 5º posto dun total de 13 equipos de toda Galicia que aló polo mes de novembro de 2007 empezaron o circuito.




miércoles, 14 de mayo de 2008

Teremos representantes nos Campeonatos Galegos


Éxito dos nosos atletas co pase as finais.

Dous atletas do club se clasificaron para as finais do Campeonato Galego, ambas en infantil, Adrián Gil Fondevila para a final de lanzamento de peso e Marta Gil Figueiras en 3 Km. marcha, será este Domingo 18 en Ourense.
Noraboa e ánimo os dous.

martes, 13 de mayo de 2008

Carreira de Ferreirúa (A Pobra de Brollón)

Tamara Pazos gana en Ferreirúa

Este domingo se ha celebrado en la localidad de Ferreirúa (Concello de Pobra de Brollón) la carrera popular y medio maratón que cada año reune a corredores procedentes de toda Galicia. Este año además se homenajeaba a la atleta Julia Vaquero, una de las mejores fondistas de la historia del atletismo español.

A esta prueba acudió una importante representación del "Club Escola Atletismo Deza", tanto en categorías de menores como de veteranos. Destacando sobre todo la prueba benjamín femenina, en la cual la representación dezano logró colocar a 4 de sus corredoras entre las 5 primeras, así la victoria fue para Tamara Pazos, la 2ª Manuela Pereira, 4ª Mónica Pérez y 5ª María Vila. En la categoría Benjamín masculino también cabe destacar el 5º puesto logrado por Pedro Toimil. En Infantil femenino Lucía Castro llegó en 2º lugar, quedando por tanto, subcampeona en su categoría.

Ya en veteranos y en la prueba de 9.300 metros a destacar el 6º puesto en su categoría de David García, el 9º de Pepe Toimil y el 11º de Manolo Peña.
Enhorabuena a todos !!!!!!




Corre con Nós 2007-2008


Penúltima xornada do Corre con Nós.

O pasado domingo día 11 de maio disputouse a penúltima xornada do VIII circuito de Carreiras Populares Corre con Nós. Os atletas do Club Escola Atletismo Deza acadaron uns destacados postos, Vanessa Weber 2ª na súa categoría, Antonio Riera 3º, Teresa Seoane 4ª, Manuel Cabanillas e Luisa Lalín 5º. Tamén participaron Fernando Rodríguez que fixo o mellor tempo dos participantes, Alfonso Rubial e José Lenza.

Despois desta carreira continúa a loita por entrar entre os tres primeiros e polo tanto conquerir premios o final do circuito. Os atletas do clube que teñen serias opcións son Luisa Lalín, Antonio Riera, Teresa Seoane e Manuel Cabanillas. Todo se decidirá o 15 de xuño na derradeira carreira do circuito.


domingo, 11 de mayo de 2008

Ouro, prata e bronce na Final Provincial

Magnífica xornada para os benxamíns e alevíns!!!

Varios dos nosos atletas, subíronse ao podium, na Final Provincial en Vigo, onte.

Clasificación:

Mónica Pérez Barros: medalla de ouro e campiona provincial en probas combinadas, benxamín feminino.

Ánxela Vilar González: medalla de prata e subcampiona provincial en lanzamento de peso; medalla de bronce en salto de altura, benxamín feminino.

Tomás Viana Fernández: medalla de bronce en 1 km marcha, benxamín masculino.

Andrés Peña del Río: medalla de bronce en 2.000 metros lisos, alevín masculino.


Estamos á espera dos resultados dos infantís participantes, con posibilidades de clasificación para o Campionato Galego.

Noraboa aos nosos atletas!!!

sábado, 10 de mayo de 2008

Próxima carreira popular

Mañá domingo, a EAD, desprazarase a A Ferreirúa, A Pobra de Brollón, para participar na carreira popular que se ven celebrando desde hai varios anos.
Despois da maratón, os atletas e as familias, reunirémonos para xantar nunha área recreativa que hai nesta localidade ao pé do río (esperemos que o bo tempo nos acompañe...).
Ánimo a todos os participantes!!!

Final provincial en Vigo

Na xornada de hoxe estase a celebrar a Final provincial do campionato de atletismo en Vigo, nas súas diferentes categorías. De momento, non dispoñemos dos resultados finais.


Atletas da categoría Infantil


Marta Gil, en 3 km marcha


Alba Viana, en 500 metros lisos


Adrián Gil, lanzamento de xavelina


Adrián Gil, en 150 metros lisos

jueves, 8 de mayo de 2008

Finales campionato provincial atletismo

O pasado sábado día 3, a EAD participou na 2ª xornada clasificatoria para a final provincial, acadando uns bos resultados.
Este sábado, día 10, celébranse nas pistas de atletismo en Vigo as distintas probas da final provincial do campionato de pista ao aire libre. O Club-Escola Atletismo Deza logrou clasificar a un total de 16 atletas para ditas finais.
Na xornada matinal serán o infantís os que entren en competición:
Noelia Fontao en 80 m. valas, 80 m. l. e combinadas
Alba Viana en 500 m. l.
Marta Gil en 3 km. marcha
Lucía López en lanzamentos de peso e disco
Adrián Gil en Lanzamentos de peso e xavelina, 150 e 80 m.l.
Javier García en lanzamento de peso.
Pola tarde correspóndelle aos benxamíns e alevíns, sendo os clasificados:
Manuela Pereira en 60 m.l.
Angela Vilar en 1 km. marcha, salto de altura e lanzamento de peso
Mónica Pérez en combinadas
Sara Vidal , Anabel Viana e Angel Viana en lanzamento de peso
Noemí Jácome en 1.000 m
Tomás Viana en 1 km. marcha e salto de lonxitude
Andrés Peña en 2.000 m
Brais Soto en salto de lonxitude e combinadas.
Con estas finais, os benxamíns e alevíns, dan por finalizada a tempada en pista ao aire libre; mentres que na categoría dos infantís, confiamos en que se poidan clasificar algúns atletas para os campionatos galegos.
Moita sorte aos nosos atletas!!!

sábado, 3 de mayo de 2008

IV Carreira Batalla de Cacheiras

Vanessa Weber terceira en Cacheiras.
A atleta Vanessa Weber, que participaba por primeira vez co noso club, non puido empezar mellor co seu debut na súa primeira carreira en Galicia.
Na proba disputada o xoves día 1 de maio en Cacheiras, preto de Santiago, a atleta de nacionalidade italiana obtivo un 3º posto na súa categoría senior femenina e 4ª na absoluta feminina. O posto na xeral do resto dos atletas dezanos foron por esta orde: 42, Fernando Rodríguez; 44, Antonio Riera; 59, Manuel Cabanillas e 70, Teresa Seoane.